> Informar a todos os socios-socias de URECA das distintas actividades, deportes, excursións, eventos e/ou celebracións que estos realicen, xa sexa nas instalacións da sociedade, ou fóra dela levadas a cabo por eles mesmos.
> Potenciar as relacións humanas e familiares a través das distintas colaboracións dos socios-socias, froito na maior parte das súas vivencias e/ou experiencias.
> Fomentar a cultura e o coñecemento dende unha óptica amena e entretida.
> Recoller todas as suxerencias, queixas ou reclamacións dos socios-socias que poden servir para mellorar non solo a propia revista, senon tamén as relacións interpersonais e polo tanto, á propia sociedade recreativa á que pertencen.
> Comunicar todo o que supoña interese común, xa sexa social ou profesional, noticia técnica, opinións de interese e canto poida contribuir á mellora da nosa relación como persoas.
> Ter sempre presente aos nosos compañeiros-compañeiras que se atopan na diáspora da xeografía galega, española e estranxeira, para que teñan en LATEXO un canal portavoz, auténtico cordón umbilical, das súas inquietudes, sentementos e quefaceres, que os vincule se cabe todavía máis ao tronco central da sociedade recreativa á que pertencen.
> Entrevistar, preferentemente, aos compañeiros-socios e compañeiras-socias que despuntan en diversas facetas do deporte, arte, cultura, sociedade..., así como a aquelas persoas que por determinadas circunstancias gozan do aprecio e interese xeral.