É unha gran honra para min presentarlles a revista trimestral LATEXO, fundada en 1966, e que pertence á sociedade recreativa URECA (UNIÓN RECREATIVA EMPREGADOS CAIXA DE AFORROS), constituida en 1953.
Doutra banda quixera informarlles de que LATEXO, cunha tirada de 2.000 exemplares, chega de forma personalizada a todos os socios-empregados e socias-empregadas de Novacaixagalicia (Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra), nos seus distintos destinos repartidos por Galicia e resto de España, Europa e América nun total próximo ao milleiro de sucursais.
Tamén reciben o noso LATEXO as Asociacións Recreativas das Caixas de Aforro de España, Centros Galegos, determinadas Bibliotecas, Asociacións de Xubilados, Hospitais, Concellos, Notarías e Fundacións, e moitas empresas de todo tipo ou tamaño de dentro e fóra da Comunidade Galega.
LATEXO nome galego que significa 'cada un dos batidos do corazón', é dun enorme interese para todos os galegos e os que non o son, posto que é unha revista de divulgación cunha gran proxección a nivel autonómico, nacional e internacional; feita en Galicia para o mundo.
Na confianza de que a revista sexa do seu agrado e interese, quixera, en nome de todos e cada un dos que -de forma totalmente altruísta - a facemos posible, enviarlles un cordial saúdo e invitalos a participar nela a través das súas suxestións ou colaboracións.
Espero que así sexa, co mellor e maior desexo, desde onde saen os latexos... ¡Que a gocen!